Creación colectiva de documentos en liña.
Google Docs, ou cómo empregar simplemente o navegador web para editar un documento.
Outra novidade máis destes días tecnolóxicamente motivadores.
Obriga a depender de aparellos alleos, porque -polo que se ve- todos estes textos que podemos ir redactando, incluso de xeito colectivo, son almacenados directamente na web, nas sedes deste tipo de servizos.
Funciona como o correo web, o webmail. Non se precisa estrictamente dun arquivo persoal e físico dos documentos. Xa o propio sistema se encarga de cardar copias e versións.
Podemos exportar a un montón de formatos, como html, pdf, word, rtf, open office, texto.
Podemos imprimir o documento, compartilo, publicalo nun blog, etc.
Podemos facer tamén follas de cálculo ou presentacións.
O asunto de Zoho parece algo ainda máis complexo, con máis posibilidades, como veremos hoxe.
Según parece poderemos ademáis realizar diferentes tipos de documentos, non só redactar textos, tamén follas de cálculo, presentacións, wikis, etc.
Tamén poderemos comunicarnos mediante chat, audio, ou video, se todo funciona.
Como non ía ser menos, tamén podemos engadir imaxes, como este facsímil da sinatura de Rosalía de Castro:Ou esta outra de Bruce Springsteen en Bilbao:
Ou esta outra do grupo de teatro Troula e o grupo de música Agra en 1978, diante do local de ensaio da rúa Comandante Fontanes da Coruña: ¿Coñecedes a alguén?
Detrás: Suso Medal, Berto Morán e eu, Pablo Morán.
No medio: Gonzalo Uriarte, Pichi, Pedro Martínez Leandro e César Morán.
Abaixo: Manuel Manquiña e Manuel González.
Saúdos.
Pablo
E aproveito para traer aquí unha foto da primeira cea que publicou Laura no seu blog:
http://aprendendoaclickar.blogspot.com/2007/12/nosa-primeira-cea.html
http://aprendendoaclickar.blogspot.com/2007/12/nosa-primeira-cea.html
6 comentários:
Ola, Pablo!
Vaia fotaza a última! Algo me di que recoñezo o segundo melenudo pola dereita na parte de arriba...
O teu carreiro é do máis tecnolóxico e experimental, estás feito todo un hacker!
(Quería dicir, dos tres que están máis a arriba, o primeiro pola dereita!)
Tes razón, Cecilia! É Pablo!
Premio!!!
Agora tendes que escoller o regalo.
Segunda proba:
¿Coñecedes a alguén máis? ¿Quén é o da esquerda de todo, na primeira fila, abaixo? Ao millor Laura sabe...
Que divertido é isto, Pablo, de tanto buscar o parecido a ese que dis (que non teño nin idea de quen é) agora xa me sonan case todos!
O primeiro pola esquerda da fila do medio... Non será o xastre da Lingua das Bolboretas? Non lembro o nome do actor...
Jaja, xa non sei se toleei...
Efectivamente, Cecilia. É o actor Gonzalo Uriarte. E o da esquerda , abaixo de todo, é Manuel Manquiña. Eu estou entre os meus irmáns Berto e César, e as demáis persoas da foto son actores do grupo de teatro Troula: Suso Medal, Pedro Martínez e Manolo González. Daquela representaban O Velorio, de Taxes, con música nosa en directo.
En 2003 a instancias do CDG volvimos traballar xuntos no espectáculo
Daquel Abrente.
Enviar um comentário