Terça-feira, 1 de Janeiro de 2008

Ano novo, mensaxe nova


Bos días, bos meses e bo ano novo para todos neste día 1 de xaneiro de 2008. Vou empezar este ano, como se ve, cunha mensaxe nova, que xa hai días que non escribo nada.
Con agradecemento para quen me ofreceu xentilmente a sua morada nestes días de festas e traballo. Sí, hai xente que tamén traballamos nestes días. Xente rara.

Como referencia do 2007 que rematou, simplemente unhas cousas: O descubrimento do café descafeinado de máquina, que ten un sabor auténtico, uns colegas estupendos e estupendas do Másterlup, e un recordo en forma de foto para mostrar o que non serve para nada: o asasinato. De calquer tipo que sexa. Recordaremos sempre, entre outras víctimas da violencia, a Benazir Bhutto.

1 comentários:

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no singular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com