Este texto pretende ser unha proba de funcionamento de publicación remota. Escrita e enviada desde un teléfono móbil. Saúdos.
___________________________________
Explicación e solicitude de axuda:
Efectivamente a publicación remota funcionou. Agora mesmo estou editando no computador e ampliando o texto anterior que previamente enviara desde o teléfono móbil. O texto foi automáticamente publicado no blog como unha entrada nova de texto e co título de 'Tecnoloxías da comunicación'.
O feito de que a redacción e o envío se fixera desde o teléfono móbil ou desde un computador fixo cambia algo as cousas, ainda que en ambolosdous casos o que se fai é facer uso do correo electrónico para escribir, enviar e finalmente decidir a publicación automática no blog. Trátase de publicación web desde o correo electrónico.
A importancia desta nova forma de publicar radica na mesma simplicidade da propia tecnoloxía do correo electrónico, que segue a ser para min un dos pilares desta revolución tecnolóxica. O feito de empregar o móbil, efectivamente é unha sofisticación porque non estamos ainda moi habituados a facer uso do correo no móbil, e ao mesmo tempo non deixa de ser un engorro escribir texto en aparellos tan diminutos. Creo que hoxe aínda non está implementado, pero calquer día tamén se poderá publicar un blog desde un SMS. En ambos casos non é cómodo pero polo menos co mail funciona.
Pero o importante é constatar que poderíamos escribir e publicar un blog desde prácticamente calquer computador, por antigo que fora, con tal de que tivese acceso a un programa de correo electrónico. Mesmo podería suceder que ese mesmo computador -se fora realmente arcáico- podería permitir a redacción e o envío do texto para publicar e ao mesmo tempo non ser capaz de visualizar o blog xa editado e publicado, dependendo do grao de sofisticación da maquetación do blog.
Normalmente o enderezo de correo para enviar e publicar no blog é algo privado, para que a publicación esté reservada ao autor. Non obstante quixera facer unha experiencia de publicación colectiva e intentar que puidesedes publicar non só comentarios, senon os propios vosos textos neste blog. Temporalmente farei público o enderezo de envío e posteriormente cambiareino, para que volva a ser privado.
Invítovos a que enviedes unha mensaxe de correo electrónico a pabitoral.masterlup@blogger.com, indicando un título no 'asunto' e escribindo o que queirades no 'corpo'.
Se todo sae ben, os vosos textos sairán publicados no blog. Podería ser interesante desde un punto de vista didáctico, de aprendizaxe colectivo, ou mesmo profesional, de colaboración nun proxecto.
Saúdos.
domingo, 16 de dezembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário