Ola. Como vedes xa estamos de novo conectados , ainda que doutro xeito. Aquí non son pablomac, senon pabi toral.
Sempre tiven interés polas novas tecnoloxías, unha especie de 'deixame ver que hai dentro e cómo funciona'. E cando se trata da comunicación pode ser realmente apaixoante.
Os aparellos mecánicos e electrónicos, para empezar, sempre me chamaron a atención porque permitían prolongar algún tipo de acción desde a decisión dun mesmo. Máis ou menos.
Tamén tiven problemas. Un enchufe da casa onde vivía de pequeno estoupou e ficou marcado de negro porque tiven a ocurrencia de meter nél unhas tesoiras. Duas puntas afiadas, dous buraquiños. Todo parecía adecuado. Non sei cómo ainda estou vivo. Alí non había ningun impedimento. E ademáis creo que eu ainda non sabía ler.
Aquela casa era unha especie de pazo de pedra con calefacción, auga corrente e luz eléctrica. Despois soupen que era unha estación do ferrocarril colgada na parte sul de Manzaneda.
Os problemas deste blog tamén teñen que ver coa tecnoloxía, ainda que doutro xeito. Na primeira mensaxe desta nova época xa se pode saber por qué.
Que non pase nada.
Estación de Campobecerros - Castrelo do Val (Ourense), nos primeiros anos 60s.
https://ourensenotempo.blogspot.com/2020/02/cuanta-vida-paso-por-ellas.html
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Ola Pablo, devólvoche a visita e eu decidín que eu tamén vou darlle a benvida aos/ás nos@s compañeir@s ao meu blog!
Ánimo coa experiencia blogueira.
Bicos!
P.D. Paréceme moi extraño que non teñas a opción para poñer o meu nome e URL máis que se tes unha conta en google, nestes casos adoita haber varias opcións... xa me contarás.
Ola Pablo
Vexo que a túa experiencia blogueira é máis ampla cá miña, afortunadamente, e iso nótase.
Saúdos e moita sorte neste novo percorrido.
Ola Pablo,
unha dúbida..como podo consultar os arquivos pasados do teu blog? debo estar moi despistada pero non atopo a forma de facelo...Gustaríame ler un pouco máis das túas inquedanzas :-)
Hola, Pablo:
La verdad es que a mi me pasó algo parecido, iba a crear el blog en blogspot y ya tenía uno!! Madre mía, olvidarte de que vas dejando cosas escritas por ahi, eso es internet, je,je.
Bicos
Ola Pablo!
Alégrame saber que recuperaches o teu blog...
Un saúdo.
Graciñas a todos polos vosos comentarios.
É probable que algunhas cousas funcionen millor ou peor porque estou editando e facendo cambios.
Desexaría que calquera, independentemente do seu correo ou servidor, poidera responder e publicar o seu comentario.
Os arquivos pasados realmente xa non existen, aparte dos que hai agora, do mes de decembro, e o de recomenzo da actividade en outubro. Tiven que borralos todos, como expliquei no primeiro arquivo de outubro, porque o que había era todo spam. O mal das TIC.
Graciñas.
Pablo
Enviar um comentário