segunda-feira, 17 de dezembro de 2007

Creación colectiva de documentos en liña



Creación colectiva de documentos en liña.

Google Docs, ou cómo empregar simplemente o navegador web para editar un documento.
Outra novidade máis destes días tecnolóxicamente motivadores.
Obriga a depender de aparellos alleos, porque -polo que se ve- todos estes textos que podemos ir redactando, incluso de xeito colectivo, son almacenados directamente na web, nas sedes deste tipo de servizos.

Funciona como o correo web, o webmail. Non se precisa estrictamente dun arquivo persoal e físico dos documentos. Xa o propio sistema se encarga de cardar copias e versións.
Podemos exportar a un montón de formatos, como html, pdf, word, rtf, open office, texto.
Podemos imprimir o documento, compartilo, publicalo nun blog, etc.
Podemos facer tamén follas de cálculo ou presentacións.

O asunto de Zoho parece algo ainda máis complexo, con máis posibilidades, como veremos hoxe.
Según parece poderemos ademáis realizar diferentes tipos de documentos, non só redactar textos, tamén follas de cálculo, presentacións, wikis, etc.
Tamén poderemos comunicarnos mediante chat, audio, ou video, se todo funciona.

Como non ía ser menos, tamén podemos engadir imaxes, como este facsímil da sinatura de Rosalía de Castro:


Ou esta outra de Bruce Springsteen en Bilbao:




Ou esta outra do grupo de teatro Troula e o grupo de música Agra en 1978, diante do local de ensaio da rúa Comandante Fontanes da Coruña: ¿Coñecedes a alguén? 

Foto Luisa G. Avecilla (1978)
Detrás: Suso Medal, Berto Morán e eu, Pablo Morán.
No medio: Gonzalo Uriarte, Pichi, Pedro Martínez Leandro e César Morán.
Abaixo: Manuel Manquiña e Manuel González.

De momento vou ver se este texto se publica directamente no meu blog, que é outra forma máis de interacción.

Saúdos.

Pablo

E aproveito para traer aquí unha foto da primeira cea que publicou Laura no seu blog:
http://aprendendoaclickar.blogspot.com/2007/12/nosa-primeira-cea.html


domingo, 16 de dezembro de 2007

si ola si.... probando...

un dous tres probando... ;)
Acabo de ler a túa iniciativa de blog compartido no foro, e non puiden resistirme a probala!
Un saúdo a todos,
Laura Mariño

Probando, probando...

Ola Pablo!

Completamente de acordo con Verónica! Moitas grazas polas túas achegas, porque eu cando menos, non tiña idea deste recurso.

Un saúdo, e a ver se desta volta logras manter a bichería cibernética controlada!

Bea


Probando nuevas aplicaciones.

Hola Pablo! Acabo de leer tu comentario en el foro y mando este mensaje como prueba para que sea publicado en tu blog. No sabía que se podía publicar conjuntamente de esta manera, y la verdad estoy aprendiendo muchísimo gracias a los compañeros del máster como tú que aportan sus conocimientos. Precisamente esto demuestra el carácter didáctico de este módulo y del máster en general. Coincido contigo en que el correo electrónico es una aplicación que, a la vez que sencilla, permite multitud de tareas, e intentaré probarlas a medida que las vaya conociendo.
Un saludo.
Verónica.


Proxecto colectivo

O feito de poder escribir nun blog, ou editar unha
páxina web, dun xeito colectivo pode permitir un
seguimento no desenvolvemento dun proxecto comun, ou
unha forma de interactuar entre profesor e alumnos, se
consideramos aplicacións didácticas.

Tecnoloxías da comunicación

Este texto pretende ser unha proba de funcionamento de publicación remota. Escrita e enviada desde un teléfono móbil. Saúdos.

___________________________________

Explicación e solicitude de axuda:

Efectivamente a publicación remota funcionou. Agora mesmo estou editando no computador e ampliando o texto anterior que previamente enviara desde o teléfono móbil. O texto foi automáticamente publicado no blog como unha entrada nova de texto e co título de 'Tecnoloxías da comunicación'.
O feito de que a redacción e o envío se fixera desde o teléfono móbil ou desde un computador fixo cambia algo as cousas, ainda que en ambolosdous casos o que se fai é facer uso do correo electrónico para escribir, enviar e finalmente decidir a publicación automática no blog. Trátase de publicación web desde o correo electrónico.
A importancia desta nova forma de publicar radica na mesma simplicidade da propia tecnoloxía do correo electrónico, que segue a ser para min un dos pilares desta revolución tecnolóxica. O feito de empregar o móbil, efectivamente é unha sofisticación porque non estamos ainda moi habituados a facer uso do correo no móbil, e ao mesmo tempo non deixa de ser un engorro escribir texto en aparellos tan diminutos. Creo que hoxe aínda non está implementado, pero calquer día tamén se poderá publicar un blog desde un SMS. En ambos casos non é cómodo pero polo menos co mail funciona.
Pero o importante é constatar que poderíamos escribir e publicar un blog desde prácticamente calquer computador, por antigo que fora, con tal de que tivese acceso a un programa de correo electrónico. Mesmo podería suceder que ese mesmo computador -se fora realmente arcáico- podería permitir a redacción e o envío do texto para publicar e ao mesmo tempo non ser capaz de visualizar o blog xa editado e publicado, dependendo do grao de sofisticación da maquetación do blog.
Normalmente o enderezo de correo para enviar e publicar no blog é algo privado, para que a publicación esté reservada ao autor. Non obstante quixera facer unha experiencia de publicación colectiva e intentar que puidesedes publicar non só comentarios, senon os propios vosos textos neste blog. Temporalmente farei público o enderezo de envío e posteriormente cambiareino, para que volva a ser privado.
Invítovos a que enviedes unha mensaxe de correo electrónico a pabitoral.masterlup@blogger.com, indicando un título no 'asunto' e escribindo o que queirades no 'corpo'.
Se todo sae ben, os vosos textos sairán publicados no blog. Podería ser interesante desde un punto de vista didáctico, de aprendizaxe colectivo, ou mesmo profesional, de colaboración nun proxecto.
Saúdos.

quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

Saúdos para colegas do MásterLUP

Ola. Como vedes xa estamos de novo conectados , ainda que doutro xeito. Aquí non son pablomac, senon pabi toral.
Sempre tiven interés polas novas tecnoloxías, unha especie de 'deixame ver que hai dentro e cómo funciona'. E cando se trata da comunicación pode ser realmente apaixoante.
Os aparellos mecánicos e electrónicos, para empezar, sempre me chamaron a atención porque permitían prolongar algún tipo de acción desde a decisión dun mesmo. Máis ou menos.
Tamén tiven problemas. Un enchufe da casa onde vivía de pequeno estoupou e ficou marcado de negro porque tiven a ocurrencia de meter nél unhas tesoiras. Duas puntas afiadas, dous buraquiños. Todo parecía adecuado. Non sei cómo ainda estou vivo. Alí non había ningun impedimento. E ademáis creo que eu ainda non sabía ler.
Aquela casa era unha especie de pazo de pedra con calefacción, auga corrente e luz eléctrica. Despois soupen que era unha estación do ferrocarril colgada na parte sul de Manzaneda.
Os problemas deste blog tamén teñen que ver coa tecnoloxía, ainda que doutro xeito. Na primeira mensaxe desta nova época xa se pode saber por qué.
Que non pase nada.


Estación de Campobecerros - Castrelo do Val (Ourense), nos primeiros anos 60s.
https://ourensenotempo.blogspot.com/2020/02/cuanta-vida-paso-por-ellas.html

quinta-feira, 18 de outubro de 2007

Retorno ao blog

Xa nin recordaba que tamén eu fixera os meus pinitos na blogmania.
Pero no seu momento deixara moitos buracos abertos, e agora estaba cheo de spam. Había tempo que nin entraba para lelo, nin por suposto escribía nada. Sen embargo tiña máis de 3500 entradas de texto aparentemente escritas por min, enviadas por min mesmo sen eu sabelo.
Os robots que andan pululando pola web en busca de correos electrónicos, enderezos, maneiras de enviar spam, parece que non paran, semellan a bichería metálica de Matrix querendo ameazarnos a todos cos seus anuncios, pretendendo vendernos de todo, aumentarnos o tamaño de todo o aumentable, ofrecéndonos productos miragre e dándonos absolutamente o coñazo.
Solución: Borrei todo o blog, e encetei de cero. Polo menos así está limpiño de porquería.

Saúdos e boa música.