quinta-feira, 23 de julho de 2009
sexta-feira, 17 de julho de 2009
Manifesto pola hegemonia social do galego
Un novo texto defendendo a lingua galega dos ataques á que está sendo sometida ven de ser publicado co nome de 'Manifesto pola hegemonia social do galego', e permite ser asinado en:
https://pglingua.org/noticias/informante/1038-manifesto-pola-hegemonia-social-do-galego
https://pglingua.org/noticias/informante/1038-manifesto-pola-hegemonia-social-do-galego
(antes en
http://www.vieiros.com/open/amosar/898/manifesto-pola-hegemonia-do-galego-ultrapassa-1-600-apoios )
http://www.vieiros.com/open/amosar/898/manifesto-pola-hegemonia-do-galego-ultrapassa-1-600-apoios )
Etiquetas:
ataque,
galego,
lingua galega,
manifesto
quinta-feira, 9 de julho de 2009
Ferramentas de deseño lingüístico
Tal como están as cousas últimamente, estas ferramentas parecen ser as empregadas polos que teñen responsabilidades para dirixir actualmente o deseño das políticas lingüísticas en Galicia.
O peor que lle pode suceder a unha lingua e que alguen poida pensar que non serve para todo tipo de ámbitos, e que ten o dereito a non coñecela. É un ataque premeditado, unha agresión, unha auténtica puñalada no corazón da cultura galega. A imaxe é orixinal de Sito Muiños, que é capaz de debuxar calquera cousa que se lle ocurra ou que se lle pida.
Etiquetas:
agresión,
ataque,
galego,
lingua galega,
puñalada
segunda-feira, 6 de julho de 2009
A Lingua galega, patrimonio da humanidade
O manifesto "Galego.Patrimonio da Humanidade" está a ser promovido e ten o su propio espazo web para permitir apoios.
Pódese ler e descargar en Galego. Patrimonio da humanidade.
Unha iniciativa como esta, de apoio á lingua galega fronte aos ataques claros á que está sendo sometida, incluso polo propio executivo galego, merece todo o meu apoio, ainda que poida disentir con parte do texto. Nese sentido o que fixeron os diferentes gobernos da Xunta foi tratar de ir aplicando -con diferente fortuna- o que a Constitución e o Estatuto de autonomía contemplan como elementos característicos da identidade cultural galega: a normalización lingüística e a defensa do galego, entre outros temas. Seguramente non se fixo todo o que se debía, ou non se fixo patente esa necesidade de modelización dun sistema lingüístico de cultura que permitise a toda a sociedade galega verse reflexada nel sen necesidade de ter que recurrir ao castelán. Iso sería a auténtica normalización lingüística. O que está a facer este último goberno é ir en contra das razóns que a sociedade galega lle deu no seu momento á iniciativa de instituir un goberno galego. A identidade cultural galega vai unida inexorablemente ao uso, dignificación e promoción da lingua galega. Todo o que non se faga para protexer a unha lingua discriminada como a galega será algo que irá en contra dos principios teóricos que sustentan políticamente á Xunta de Galicia como entidade de goberno galego. A realidade é que os medios de comunicación en Galicia, durante todos estes anos de postfranquismo, foron implantando a sua capacidade de difusión, e agora prácticamente chegan a todos os rincóns. Os medios electrónicos como internet están seguindo o mesmo camiño de posibilidade real de acceso masivo. A cuestión é que, se anos atrás se analiza esta mesma situación poderáse ver que a diferencia é abismal. Os medios de comunicación, e polo tanto as referencias institucionais, culturais, educativas, a ilustración nunha palabra, non chegaron durante séculos a unha boa parte da sociedade galega, o mundo rural, que mantivo a lingua galega por utilidade, por necesidade de comunicación. Pero ao mesmo tempo no ámbito urbán foise establecendo e impoñendo, tamén durante séculos, unha cultura en castelán, educación en castelán, refinamento en castelán, medios de comunicación en castelán, de modo que a sociedade, para poder medrar na vida, viuse na necesidade de someterse á lingua imposta polo poder. Actualmente os medios de comunicación, que xa se sabe que son o espello onde a sociedade ve reflexado o seu modelo lingüístico, incluso máis que a literatura, non empregan o galego máis que en contadas excepcións, o que é tamén un índice do prestixio social que ten a lingua galega nos ámbitos sociais e económicos en Galicia. O asunto da lingua non é un tema exclusivamente cultural, algo litúrxico como ás veces algúns organismos ou algunhas empresas o ven. É un problema de educación frente á ignorancia. Aínda hoxe hai xente que, en entornos galegofalantes ou próximos a falantes en galego, evitan transmitir esta lingua galega aos seus fillos, pretendidamente cun criterio de calidade educativa. Ese é o gran problema: a diferencia de trato e de respecto que supón a consideración dunha ou doutra lingua, a diglosia. Pero é que todos nos informamos como podemos, ainda que non todos temos a mesma formación. E ademáis os medios de comunicación empregan a información como mercancía, en función dos seus intereses empresariais, polo que ás veces non teñen reparos en terxiversar, manipular ou mentir. Vai ser necesario algo máis que esta iniciativa do galego como patrimonio da humanidade, que suscribo. Sobre todo é necesario darlle á lingua galega a maior consideración que se merece, que é falala en todos os ámbitos, en todo tipo de situacións e con todo tipo de persoas. Con todo respecto.
sábado, 17 de maio de 2008
Poesía contra a ignorancia
Unha outra forma de homenaxear á lingua galega é a da iniciativa de Blogues pola lingua. Tomamos nota tamén, enviamos a nosa adhesión e reproducimos o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ó mar" , extraído do seu libro Longa noite de pedra.
DEITADO FRENTE Ó MAR
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
DEITADO FRENTE Ó MAR
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
Etiquetas:
blogues,
galego,
letras galegas,
lingua galega
17 de maio. Día das letras galegas
Xosé Mª Álvarez Blázquez: unha vida, un ano, un día.
Unha celebración é un acto simbólico. Os xornais galegos publican algunhas páxinas en galego co gallo do día das letras. E probablemente é necesario algún xesto deste tipo para recordar de cando en vez que -independentemente do feito de que convivan varias linguas- a lingua maioritaria e propia deste país é o galego. Pero mellor é saber que as letras galegas teñen todos os días do ano para poder celebrar a práctica da sua existencia e a única razón de ser dunha lingua: a comunicación. Os medios de comunicación, poderes mediáticos, ámbitos culturais e certas institucións poderían xa ir deixando de considerar o asunto como algo folklórico, ritual anual, e decidirse dunha vez polo emprego habitual da lingua galega en todos os ámbitos de traballo, todos os días do ano. Se os medios, cuarto poder, continúan a empregar maioritariamente outra lingua distinta do galego como lingua de cultura, súa é a responsabilidade no mantemento de actitudes diglósicas. Os políticos coherentes terán que asumir o compromiso coa lingua e coa cidadanía, e actuar en consecuencia.
O Día das Letras galegas homenaxea este ano a Xosé Mª Alvarez Blázquez. Desde aquí facémonos eco do acontecemento, recollendo estas imaxes, textos e comentarios que A Nosa Terra ten publicado na rede.
Pola sua parte Vieiros publica un interesante especial sobre as Letras galegas, onde incluso pódese descargar de balde un exemplar facsímile de Poemas de ti e de min, primeiro libro de poemas de Xosé María Alvarez Blázquez, escrito nos anos trinta e publicado en 1949.
Unha celebración é un acto simbólico. Os xornais galegos publican algunhas páxinas en galego co gallo do día das letras. E probablemente é necesario algún xesto deste tipo para recordar de cando en vez que -independentemente do feito de que convivan varias linguas- a lingua maioritaria e propia deste país é o galego. Pero mellor é saber que as letras galegas teñen todos os días do ano para poder celebrar a práctica da sua existencia e a única razón de ser dunha lingua: a comunicación. Os medios de comunicación, poderes mediáticos, ámbitos culturais e certas institucións poderían xa ir deixando de considerar o asunto como algo folklórico, ritual anual, e decidirse dunha vez polo emprego habitual da lingua galega en todos os ámbitos de traballo, todos os días do ano. Se os medios, cuarto poder, continúan a empregar maioritariamente outra lingua distinta do galego como lingua de cultura, súa é a responsabilidade no mantemento de actitudes diglósicas. Os políticos coherentes terán que asumir o compromiso coa lingua e coa cidadanía, e actuar en consecuencia.
O Día das Letras galegas homenaxea este ano a Xosé Mª Alvarez Blázquez. Desde aquí facémonos eco do acontecemento, recollendo estas imaxes, textos e comentarios que A Nosa Terra ten publicado na rede.
Pola sua parte Vieiros publica un interesante especial sobre as Letras galegas, onde incluso pódese descargar de balde un exemplar facsímile de Poemas de ti e de min, primeiro libro de poemas de Xosé María Alvarez Blázquez, escrito nos anos trinta e publicado en 1949.
Etiquetas:
alvarez blazquez,
galego,
letras galegas,
lingua galega
terça-feira, 1 de janeiro de 2008
Ano novo, mensaxe nova
Bos días, bos meses e bo ano novo para todos neste día 1 de xaneiro de 2008. Vou empezar este ano, como se ve, cunha mensaxe nova, que xa hai días que non escribo nada. Con agradecemento para quen me ofreceu xentilmente a sua morada nestes días de festas e traballo. Sí, hai xente que tamén traballamos nestes días. Xente rara. Como referencia do 2007 que rematou, simplemente unhas cousas: O descubrimento do café descafeinado de máquina, que ten un sabor auténtico, uns colegas estupendos e estupendas do Másterlup, e un recordo en forma de foto para mostrar o que non serve para nada: o asasinato. De calquer tipo que sexa. Recordaremos sempre, entre outras víctimas da violencia, a Benazir Bhutto.
Subscrever:
Mensagens (Atom)